As matemáticas é unha das materias que a nosa cultura percibe como máis difícil, o que fai que moito rapaces e rapazas se enfronten a ela xa cunha predisposición negativa. Dende Galén, cremos na gran importancia das matemáticas, non só como a adquisición de ferramentas para resolver exercicios, senón como o entrenamento do pensamento lóxico aplicable a todas as situacións cotiás que tanto grandes coma pequenos nos atopamos no noso día a día. Por iso, un ano máis, celebramos as xornadas de lecer matemático, nas que a través da gamificación, o noso alumnado pode empregar o aprendido e experimentado nas aulas para resolver retos, probas, enigmas, e distintas situacións complexas…. todo isto enmarcado ademais, por unha contorna natural que nos traslada a un lugar aínda máis alonxado da “típica” situación de aula na que a xente pensa cando se fala das matemáticas.
Coma todos os anos, a participación, entrega e resolución que amosou o noso alumnado, só é comparable coa súa motivación para enfrontar ditos retos.
Volveremos o vindeiro curso con novas probas para poñer en práctica todo o que as matemáticas nos ofrecen!