Hello everyone!

Como sabedes, estes días estivemos traballando o” Día da Muller”. Nas aulas das medusas e dos pulpos, enfocámolo coas mulleres que eles coñecen e teñen preto. Preguntámoslles cales son as mulleres máis importantes para eles e por qué. Ademáis, quixemos facerlles unha pequena homenaxe a estas mulleres, sacando a nosa vena artística e elaborando, no caso da aula das medusas un retrato e, no caso dos pulpos, un marco de fotos. Os nenos e nenas desfrutaron moito do proceso, de contarnos cousas sobre esas mulleres para que os demáis as coñezamos, e de elaborar algo feito por eles para ELAS.

Velaquí vos deixamos un resumo de todo o dito anteriormente. Enjoy!

 

Por outra parte, os nenos e nenas da aula das sereas estiveron investigando acerca das súas devanceiras. Quenes foron aquelas mulleres que criaron e sacaron adiante ás súas nais e aos seus pais; cedéndolles protagonismo a estas marabillosas mulleres, e aprendendo a valorar os esforzos e grandes sacrificios que fixeron sempre por nós, pola súa familia, que moitas veces foi anteposta a súa vida tanto profesional como persoal. Desexamos que vos guste!

Sen máis, despedímonos até a semana que vén!

Hace a nice weekend and take care!