Hi everyone! Para aqueles que aínda non me coñezades, preséntome: Son Dex, un amiguiño que vai todos os días ás clases de Educación Infantil para acompañar aos nenos e nenas na súa aprendizaxe do inglés. Como vedes son un dinosaurio fermosísimo, e aparecín nun ovo prehistórico hai pouco tempo.
Estou a descubrir o mundo, como tamén o están a facer pequechos e pequechas de Galén Nursery School. Hai uns días, na cidade de Lugo celebrouse o San Froilán, e tiven a grandísima sorte de saír a coñecer un pouco máis esta festa coas miñas amiguiñas e compañeiras Selene e máis Ana.
O primeiro que fixemos foi montar no tren Popof e…. puiden ir no vagón de diante co paiaso Popof!! e ao rematar fíxome un cadeliño cun globo. Que sorte!!!
Logo montei nunha moto que foi unha chulada. Nunca antes montara e debo recoñecer que teño ganas de repetir.
Despois pesquei un patiño e tocoume un premio: un Dinosaurio que funciona a pilas!!! (What?) E tamén xoguei aos dardos e non me tocou nada, pero Rogelio, o home do posto ao que lle caín en gracia, pediume substituílo mentres ía ao baño. Canta xente se ve pasar dende esa perspectiva! OMG!
Logo montamos nos cabaliños, nunha atracción que subía e baixaba que non lembro como se chamaba pero que me pareceu moi divertida, e máis nun touro bravo…..Moi bravo!
E antes de dar fin á crónica desta parranda, contarvos que alucinei coa de animaliños que hai suspensos en múltiples postos, nun deles aproveitei para agocharme entre uns peluches (Hihihi!); merquei un globo de Pocoyo e tamén merquei uns pistachos deliciosos (seica non se come a casca – glub). Este foi sen dúbida, un dos mellores días da miña vida!!
See you next year San Froilán!
Polo de agora despídome, pero prometo voltar axiña. Until next time, have fun!