Moi bos días!

Esperamos que gozárades do entroido! Xa estamos aquí de volta con máis aventuras de Dex !

Comezamos con Mario, quen estivo a xogar con él ensinándolle os seus xoguetes despois de dar un paseo pola cidade, ben abrigadiños porque facía moitísimo frío!

Mario and Dex!

A continuación, Dex estivo con Brais. Xuntos, pasearon en bici, pintaron… e Dex coñeceu a un bó amigo de Brais: Tucho! Os tres pasárono en grande! Xa os vedes 🙂

Brais and Dex!

Ao día seguinte foi a quenda de Aitana. Dex estaba moi emocionado, porque Aitana tocou a guitarra para él! Ademáis xogaron un bo rato: primeiro ás cartas e despois á pelota. Ao rematar o día leron xuntiños un conto e caeron rendidiños prontiño a durmir.

Aitana and Dex!

E, por último, Dex estivo con Gadea. Foron durmir a un hotel cos avós! Alí, comeron, xogaron, almorzaron… E Dex aprendeu moito con Gadea de cómo facer a maleta! 🙂

Gadea and Dex!

Até pronto!

Biquiños e hugs!