Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Dex with Gael, Ío, Lúa, Iago and Sabela Y.

Moi bos días!

Estes días Dex estivo súper atarefado , xa veredes! 🙂

Primeiro foi pasar o día xunto con Gael. Aquí os vedes! Compartindo os xoguetes e conducindo o coche de Gael! Todo un piloto, ensinándolle a Dex como facelo 😀 . Despois foron cear e lavar os dentes, Gael foi súper coidadoso cos dentes de Dex! E, por último, hora do conto e logo a durmir! Dex durmiuse de seguido despois de escoitar o conto por parte de Gael!

Gael and Dex

Logo foi a quenda de Ío, quen rápidamente presentoulle a Dex a alguén moi especial para ela: a súa irmá Lúa. Xuntas xogaron con Dex e déronlle un baño a conciencia :D. Por suposto, Ío merendou con Dex e ensinoulle os seus xoguetes e algúns animais que viven con elas, como a súa gatiña Estrela. Logo dun día tan emocionante, caeron rendidiños, non sen antes ler un conto, claro. Iso sempre axuda a coller o sono!

Ío and Dex

Aquí vemos a Lúa, que moi contenta foi con Dex a merendar, a xogar coa pelota e a ensinarlle os contos que a ela máis lle gustan. Ademáis tiñan que ir buscar a mamá á oftalmóloga e, namentres, xogaron un pouquiño aos piratas :D. Unha vez na casa, cearon, recolleron a mesa e lavaron os dentes, e xa estaban listos para ir durmir!

Lúa and Dex

Ao día seguinte, Dex foise con Iago, xuntos xogaron moito tempo fóra, xa que facía moi bó día, e incluso montaron na bici, Dex estaba encantado! Despois, na casa estiveron merendando e Dex durmiu unha pequena sesta 🙂 Ademáis, Iago percatouse de que Dex precisaba un corte de uñas e nin corto nin perezoso colleu as tesoiras e nuns instres Dex estaba listo!

Iago and Dex

Para rematar a semana, Dex foi a casa de Sabela Y., e que ben o pasaron! Xogaron na carballeira, montaron en bici, foron aos columpios… Cando chegaron a casa, Sabe ensinoulle a Dex moitos dos seus xoguetes favoritos e logo chegou a hora de cear de de irse a durmir! Aquí os vemos acurrucadiños! 🙂

Sabela Y. and Dex

Nada máis por agora! A vindeira semana máis! Non deixedes de lernos!

See you next week!