Moi bós días familias!
A pasada semana, Dex compartiu tempo e xogos con Carmiña, Diego e máis Álvaro, Héctor e Ariday. Imos aló!
Comezamos con Carmiña quen, aproveitando que non chovía, abrigouse ben e abrigou ben a Dex e xuntos foron a pasear pola cidade e a facer algúns recados con mamá, así Dex descubriu más lugares, coma correos, onde foron recoller un paquete. Ao chegar a casa, déronse un baño ben quentiño para quitar o frío e entrar en calor! Despois cearon vendo un pouquiño os dibuxos e axiña chegou a hora de ir lavar os dentes e durmir! Pois ao día seguinte tiñan que erguerse cedo para coller o bus e vir ao cole!
A continuación Diego, aproveitou a súa xornada con Dex para visitar, xunto co seu irmán Álvaro, un pobo chamado San Clodio onde fan marabillas con materiais reciclados! Como estas formigas que vemos nas fotos. Este pobo, ten moitas más cousas que ver pero como facía moito frío decidiron deixalo para outro día. Así pois, puxeron rumbo ao centro deportivo con mamá, alí Diego e máis Dex divertíronse cos amiguiños na aula de kids. Despois de tanta aventura, chegou a hora de cear e, aproveitando que estaba Dex fixeron xuntos un postre moi especial: xeado con chuches! mmmmm…so yummy! Así, rematou o día, pero á mañá seguinte…Surprise! Estaba todo nevado! E non puideron resistirse a xogar un pouquiño coa neve! Qué divertido!
Ao día seguinte, Dex volveu á casa de Diego, esta vez da man do seu irmán Álvaro! Estaban encantados! E Dex máis aínda! A neve aínda continuaba, polo que puideron gozar dela antes de merendar na casa de Lela. Aquí os vemos, na casiña, na moto, paseando… Despois tocou baño para entrar en calor e aínda lles deu tempo de xogar outro pouquiño antes de cear. Dende logo que os tres forman un grupo moi divertido 🙂
Logo foi a quenda de Ariday. O primeiro que fixeron foi merendar porque viñan famélicos! Así que, Ari, púxose mans á obra e comezou a preparar un zume de laranxa. Despois foron ao cumple dun amiguiño e gozaron moitísimo do parque de bolas, do tobogán, e da festa, claro! Cando chegaron á casa, Dex coñeceu a unha persoa moi especial: o irmán pequeniño de Ari: Besay. E fixeron moi boas migas! Despois chegou a hora de cear, lavar os dentes e durmir que ao día seguinte había cole!
Por último, Dex visitou a casa de Héctor. Coñeceu tamén ao seu irmán Adri, os tres pasaron a tarde xogando cos xoguetes dun e doutro, incluso pilotando unha moto! Tamén foron merendar a unha cafetería! Co goloso que é Dex, imaxinádeo cos pasteliños! Coa boa pinta que teñen…! Despois cearon, lavaron os dentes e, como aínda non tiñan sono, Héctor e máis Dex decidiron ler un conto e contalo entre eles.
Como vedes, as aventuras de Dex non teñen desperdicio!
Moitas gracias a todos!
Kisses and hugs!