Good morning everyone!
Como xa sabedes, o noso amigo Dex comezou a semana pasada a pasar máis tempo cos “paxariños” indo con eles as súas casas e pasándoo en grande, como veredes!
Dex está moi contento porque todos os nenos e nenas teñen moitas ganas de estar con él e de ensinarlle os sitios a onde van, onde durmen, o que comen, etc.. E, o máis importante, cóidano moitísimo! E que, it’s a big responsability!
O luns, foi o a quenda de Bahía, xuntos, foron de paseo, e unha vez na casa estiveron xogando un ratiño ata que foi a hora de preparar a cea en familia. Dex axudou a Bahía a cociñar uns tallarins caseiros deliciosos! Yummy, yummy! Despois, time to brush their teeth e a durmir!
O martes, Martín foi o encargado de levar a Dex e xuntos pasaron unha tarde do máis divertida no parque! Xogaron no tobogán, no balancín, e incluso estiveron lendo contos. Co que lle gustan a Dex! He loves reading books! Despois de tanto axetreo, ao chegar a noite caeron rendidiños!
O mércores, foi a quenda de Martina, que pasou una tarde do máis divertida con Dex. Xuntos, xogaron a disfrazarse, ao escondite, a ir en bici tocando a bocina…Até que tiveron un contratempo! Dex fíxose dano nun dente e Martina non dubidou en prestarlle asistencia médica rapidamente. Dex recuperouse de seguida! Thank you Martina!
E, por último, o xoves, Nacho gozou da compañía de Dex e ensinoulle todos os rincóns da súa casa, incluíndo as súas mascotas: os peixes! Dex quedou fascinado con eles! Tamén lle presentou ao seu irmán Paco e xuntos pasaron un bó anaco antes de cear, lavar os dentes e ir a durmir.
Isto é todo por agora! See u next week!
Kisses and hugs