Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

DEX AT THE FAIR!

Hi everyone,

que tal estades a pasar  as festas de San Froilán?

Como ben poderedes ver máis abaixo nas fotos, Dex está a gozar moitísimo das atracións e postos do recinto ferial! Foi xantar polbo, xogou nas tómbolas…aínda que non tivo moita sorte e voltou sen o xamón para a casa. Ademáis foi ver o espectáculo de fogos artificiais e mesmo ao concerto dos “Naughty Dinos”. Canto bailou! É super fan!

Ao chegar á casa, xa moi canso de tanta xoldra, comeu os churros que mercara no posto esa mesma tarde. He loves churros!Mmmmmmm…so yummy!

Se queredes saber máis das peripecias de Dex no San Froilán, non deixedes de visitar o centro e consultar o taboleiro do corredor principal de Galén Nursery School.

unnamed (2)

unnamed (1)

unnamed

 

unnamed (3)

 

 

E vos? Tamén fostes probar o polbo? Comestes moitos churros? Cales son os vosos postos preferidos? Bailastedes nos concertos?

Non señades tímidos! Comentade!

 

See you soon 🙂