Moi boas, familias!
Gustaríame presentarvos a alguén que pasa moito tempo cos alumnos e alumnas do Galén Nursery School. Moitos de vós xa o coñecedes, pero para os que non, aquí o tedes! Este simpático dinosauro chámase Dex e pasa moito tempo con nós, no noso English Time. Encántanlle estar cos nenos e nenas e aprendemos moitas cousas con él!
Pois ben, unha vez feitas as presentacións, e como xa intuiredes polo título, quería contarvos que Dex estivo a pasar un día na miña casa esta semana!
Como vedes, deunos tempo a facer moitas cousas! Primeiro fomos dar un paseo pero como fai tanto frío… tívenlle que deixar un dos meus gorriños 🙂
Despois, fomos facer uns recados e un pouco de shopping ao centro comercial. Pasámolo en grande probando xoguetes!
Unha vez chegamos a casa, estivemos buscando algo de información sobre os volcáns para levar á clase e pronto se fixo a hora de cear e ir durmir! Antes, lavámonos ben os dentes e lemos un conto para que nos entrara o sono, aínda que con todo o que andivemos, pronto caímos rendidiños!
Ao día seguinte, almorzamos ben para coller ben de enerxía para vir ao cole e xogar moito cos nenos e nenas!
E, para que vos conto todo esto? Exacto! Adeviñástedelo! Dex está deseando pasar un tempo con cada un dos seus amiguiños do cole así que, a partires da vindeira semana veremos as súas novas aventuras con cada un deles!
We’re so excited about it!
Até pronto!
See you!