Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

DEX AT IKER, CLARA, HERNÁN & GADEA’S HOUSE!

Hello families,

Cantas vivenzas en tan pouco tempo. Esta semana pasada volvín á casa dalgúns nenos e nenas da clase dos mouchos. Vaia semana de non parar!

IKER & DEX

Nesta ocasión, o luns saín do cole con IKER e fomos ao centro comercial As Termas onde merendamos con Sabela L., xogamos ao “Hopscotch” e conducimos un coche por toooodo o centro. Bruum bruuum!! Pip pip!

IKER & DEX II

Xa na casa, xogamos un pouco máis, ceamos e aseámonos. Iker dixo que me vira unha carie e, vaia faena, pois só teño dous dentes e dúas moas. Son valente e irei ao dentista. Mellor iso que non perder os dentes!

Bueno, logo da hixiene marchamos para a cama derrengados. Co sono case non nos deu nin tempo a ler o libro de Maisy.

Moitas grazas Iker e familia, pola vosa acollida. Foi marabilloso pasar este día con vós!

 

CLARA & DEX

O martes a miña anfitriona foi CLARA. Cando chegamos á súa casa, merendamos e fomos ao seu cuarto a xogar. Jo, non sei que teñen as silliñas, pero danme un sono… que sestaza! Logo coloreamos un pouco. Encántame colorear, e a cor verde é a miña favorita.

CLARA & DEX II

Pasoume algo moi divertido na cea, e é que Juan, o irmán de Clara, comeu o meu zanco de polo e dixo que estaba riquísimo. (Cámbiollo por un bocata de tortilla!)

Logo de asearnos, fomos ao cuarto e metémonos nun bus escolar amarelo. Eu quero un bus deses!

E listos para a cama. Vaia día! Paseino xenial! Moitísimas grazas Clara e familia por un día marabilloso!

 

HERNÁN & DEX

E o mércores chegou o turno de HERNÁN. Vaia familia numerosa máis chula!
Xogamos aos disfraces e eu pedín ser instructor de fitness. Non é que me faga falta, pero o exercizo gústame ben e, bueno, sempre me gustaron os ximnasios. E 3 veces por semana vou á piscina das Pedreiras!

HERNÁN & DEX II

Despois da clase de GAP impartida (vaia sudada!), fomos dereitiños á ducha, e a fame apuraba. Non quedou miga! Xa máis descansados, lemos o meu conto de Maisy e marchamos durmir. Aínda botamos unhas boas gargalladas recordando as anécdotas do día. Aaaai, que gusto durmir así!

Moitísimas grazas a Hernán e a súa familia polo día tan intenso e espectacular!

 

GADEA & DEX

O xoves paseino pipa con GADEA.

Facía un día tremendo, polo que na compaña de Sabela Y., merendamos no patio do cole Galén, e logo xogamos ao “Hide & Seek”. Encántame ese xogo. Podería xogar toooodo o día.

Tocaba marchar para a casa, pero pasamos polo súper para mercar a cea. E Gadea deume un bombón (bueno, quen come un, ben come 6 máis) que estaba delicioso. Non probara cousa igual. Si, xa sei, pero mañá venres teño piscina, vale?

GADEA & DEX II

E xa para rematar a xornada, descansar no sofá poñéndonos ao día, cear, fregar os dentes e meterse na cama a ler un conto. Así durme un coma din que durmen os anxos!

Paseino fabulosamente contigo e a túa familia Gadea! Moitísimas grazas por atenderme e coidarme tan tan ben!

Ata a próxima semana!