Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

DEX AT IAGO’S, ARIDAY’S, CARMIÑA’S & SABELA Y.’S HOUSE!

Hello hello everyone,

 

Aquí, unha semana máis, e tamén a última, para compartir as miñas aventuras cos nenos e nenas da clase dos mouchos. Vaia semana! Menos mal que aí vén a semana santa e unhas merecidas vacacións…..e é que nas miñas andanzas estou facendo tantas cousas por primeira vez que estou emocionadísimo.

 

IAGO & DEX

O primeiro día da semana fun con IAGO e a súa familia ao parque onde fixemos un montón de exercicio coa morea de aparellos que hai alí. Tamén xogamos á pelota e coa súa preciosa cadeliña Xaxa, que é moi simpática e que antes de marchar antoxouse en facernos unha foto aos 4. Creo que saímos fenomenal, non vos parece?!

IAGO & DEX II

Logo tiñamos unha encomenda moi especial. Fomos escoller a cor da pintura para a habitación da irmá de Iago que está a puntísimo de chegar e que se vai chamar Erea. Hai tantas cores e tan bonitas….. Eu dixen que unha cor moi leda é o turquesa, nin azul nin verde.

Xa na casa, ceamos todos xuntos un caldo galego que estaba riquísimo. Foi o meu primeiro caldo galego. Delicioso! E logo do aseo rutinario, durmir é o máis desexado e necesario.

Moitísimas grazas aos 5 pola tarde tan fabulosa na vosa compaña!

 

ARIDAY & DEX

Chegado o martes, chegou o turno de ARIDAY. E que guai que me levaron a ver un campo de fútbol! Iso é enorme, e tan verde. Gustoume moito, aínda que cansa. Estivemos entrenando como se fose para un partido de fútbol, e despois sentámonos nas gradas, xusto onde se sentan Ari e a súa nai cando van a ver a papá xogar os partidos en Lugo. Que sortudo, non vos parece?

ARIDAY & DEX II

E por se fora pouco verde, marchamos a merendar a un sitio fermosísimo e que é todo un luxo para a cidade: o paseo do Rato. Que preciosidade, e agora que acompaña o tempo e entrou a primavera está espectacular. Logo fomos ao parque que está cerca da súa casa e xogamos sen parar.

E como non podía ser menos, ceamos, aseámonos e marchamos durmir e a descansar. Foi un día memorable!

Moitas grazas por deixarme pasar este día tan bonito con vós!

 

CARMIÑA & DEX

O mércores marchei do cole con CARMIÑA a merendar ao parque. Ía un chisco de fresco polo que me deixou unha chaqueta e non pensei que o azul  me sentase tan ben. Vimos moitos patos! Que animaliños tan bonitos, non vos parece? Inspiráronme moita tranquilidade. Despois montamos xuntos nos columpios e no balancín cunha amiga de Carmiña que se chama Vega. Foi xenial!!

CARMIÑA & DEX II

Cando chegamos á casa, metémonos un baño que me prestou moitísimo e a miña amiguiña deixoume o seu albornoz que seca de seguida. Que gusto e que suave. Vou pedir un para o meu cumple que está a chegar (abril).

Logo ceamos vendo La Sirenita. Eu se tivese melena tamén había querer ser loura. Fregamos os dentes e listos para ler o meu libro favorito e…. deixámonos levar polo sono pois estabamos esgotados de tanto xogar.

Á mañá seguinte Carmiña preparoume un té delicioso para almorzar; e xa estabamos listos para marchar a Galén a contar todo o ben que o pasamos xuntos.

Moitas grazas pola acollida a todos. Paseino de marabilla con vós!

 

SABELA Y. & DEX

E despois do mércores vén o xoves… e o turno de SABELA Y. O último día de parranda e aproveiteino a tope!!

Como ía boa tarde, merendamos no bosque de Galén, un contorno precioso. E logo fomos apañar pinas para xogar, pois non son para comer…

Xa na casa, Sabela Y. enseñoume o sea cuarto que é bonitísimo. E non ides crer quen estaba alí: Pocoyó…o meu heroe! . Tiven a sorte de montar a cabalo, pero non un calquera, senón un violeta! A ver se vós podedes dicir o mesmo!

SABELA Y. & DEX II-2

E mentres se preparaba a cea, fixemos cookies de lacasitos coa mamá e o papá de Sabela. Non vos podedes imaxinar o ricas que estaban. Eu comía ata o papel!! Non digades que non estamos guapos vestidos de chefs!

Ao rematar a cea, aseo necesario e listos para meternos na cama. Eu estaba tan derrengado que quedei durmido antes de que Sabela empezara. Ups! Sorry!! Durmimos e descansamos esplendidamente!

Moitas grazas a todos pola tarde tan bonita na vosa compaña!

 

E xa para rematar a semana, Sandra a rapaza de prácticas que leva con nós dende febreiro, dixo que lle encantaría que fose con ela ao seu povo en Castroverde, para coñecer moitos animalesque nunca antes vira….. e aventureiro de min ala fomos os dous.

Aquí vos deixamos as fotos, para que vexades o ben que o pasamos. Moitas grazas Sandra. Paseino pipa!

SANDRA & DEX

SANDRA & DEX II

 

E ATA AQUÍ AS MIÑAS AVENTURAS COS NENOS E NENAS DE 1º DE E.I. MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS, PEQUENOS E GRANDES, POR COMPARTIR A VOSA VIDA COMIGO CON TANTO CARIÑO E ENTREGA. SON MOI AFORTUNADO E ENDEXAMAIS ESQUECEREI O QUE VIVÍN CON VÓS!

UNHA FORTÍSIMA APERTA,

DEX

Dende Galén Nursery School, moitas grazas polo vosa colaboración e participación neste proxecto.