Hi hi friends,
Aquí estou de volta, unha semana máis para actualizar as miñas andanzas polos fogares dos nenos e nenas da clase de 1º de E.I.
O luns tiven dentista a última hora da tarde polo que non puiden ir á casa de ninguén, pero o martes marchei de Galén da man de ANTÍA logo de merendar no patio co seu irmán Toni.
Xa na casa xogamos a múltiples xogos, ceamos e aseámonos para rematar o día na cama co meu conto máis favorito do mundo “Maisy’s bedtime”. Léronmo Antía e Toni, e foron moi doces.
Moitísimas grazas a vós e á vosa familia por tratarme tan ben e acollarme no voso fogar con tanto agarimo.
O mércores foi un día de non parar, literalmente. Probei vehículos de todo tipo e en todos os terrenos. Conducín o coche do papá e mamá de GAEL ata á súa casa, logo botamos unha carreira de coches por unha alfombra con moitas autopistas, e tamén nunha bici de madeira, un bólido… bueno bueno bueno! Fixen moitos quilómetros este día!!
E logo dunha xornada tan movida, hai que repoñer forzas e nada mellor que comer para logo descansar e ler un conto. Que gusto durmir así!
Moitas grazas a Gael e á súa familia pola acollida e o trato. Paseino de fábula!!
E chegado o xoves, chegou o turno de ÁLVARO. Vaia día! Creo que non quedou minuto sen aproveitar. Menuda cociña! Preparamos a cea e como bos compañeiros, repartimos o traballo. El cociñou, e eu pelei e piquei as verduras e freguei e deixei a cociña impoluta, como a min me gusta. Dáseme moi ben, tamén é certo.
Despois fomos despertar ao máis pequeno da casa, Diego, que estaba durmindo a sesta, e logo de darnos a coñecer, marchamos merendar. Con semellante festín, xa non facía falta cear, pero xa sabedes, os pequenos e pequenas non paramos e temos fame de seguida e aínda quedaba moito por descubrir.
Fixemos un grupo de música, chamado “The brothers & 1”. Rock é o noso estilo. Logo do concerto, ceamos, e a cepillar os dentes. E antes de marchar a durmir, comprobamos que as tarefas do día estaban completas.
Xa panza arriba, entre os tres lemos o meu conto e durmimos xuntiños en menos de nada.
Á mañá seguinte medímonos, pois seica é o momento ideal do día. E menos mal! A saber canto mediría pola noite! Almorzamos e marchamos con moito gusto para Galén, para logo ali compartir as notas vivenzas xuntos.
Foi un día con vós e a vosa familia inesquecible! Moitísimas grazas!
Deica a próxima!