Dea Souto Mera (1º BAC) , Andrea Pérez Alonso e Alba Vázquez Rodríguez (2º BAC) participaron na fase provincial do debate económico organizado polo Colexio de Economistas de Lugo; gañaron e foron a Madrid á fase nacional, celebrada na Facultade de Comercio e Turismo da Universidade Complutense de Madrid. Nesta fase tocounos o grupo composto por Malaga, Huelva, Almería, A Coruña e nós. Defenderon ambas posturas, a favor e en contra, do tema "Serán favorables os efectos da dixitalización sobre a creación e o mantemento do emprego? ". Despois de superar a fase de grupos, caemos en oitavos de final. Fixérono moi ben, aprenderon moito e viviron unha experiencia estupenda ,tamén a nivel social, coñecendo compañeiros e compañeiras de moitos sitios cos que manteñen comunicación.