Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

De papel vello a papel novo. Semana da Ciencia en Infantil

Os nenos e nenas de Infantil tamén participamos na Semana da Ciencia que este ano xiraba ao redor do Cambio Climático.

Nós quixemos investigar sobre cousas que temos ben pretiño e ver que podiamos facer para reducir no noso día a día o impacto ambiental que ten a fabricación de papel, un ,material que utilizamos a cotío nas nosas aulas.

Iniciamos así as nosas pesquisas preguntándonos de onde sae o papel porque na natureza, así tal e como nós o coñecemos, parecíanos que non había. E como facemos en todos os nosos proxectos buscamos información na casa, nos libros do cole, da biblioteca e tamén en internet. Na rede atopamos un video moi didáctico que nos explicaba que coas madeiras dalgunhas árbores e despois dun longo proceso nas fábricas papeleiras, conseguen papel de todo tipo: cartolinas, folios, papeis de manualidades etc….

A nós pareceunos un proceso complexo e descubrimos que en todo ese proceso se xeran moitísimos resíduos contaminantes para o noso planeta ademais de consumir unha cantidade grandísima de enerxía. Agora xa entendemos por que é preciso non malgastar o papel, utilizalo polas dúas caras e reutilizar todas aquelas cousas que nun principio ían ir ao lixo e poñer a traballar a nosa creatividade para conseguir darlle unha segunda vida.

Outra das cousas que nos convenceu moito é saber que agora  gran parte do papel e cartón que se consume, e grazas á reciclaxe e separación do lixo, moito do papel que mercamos xa se fabrica a partir de outros papeis vellos, co que se reduce enormemente os resíduos e a cantidade de enerxía adicada ao proceso.

Revisamos cousiñas que xa sabiamos como  e a regla das Rs: REDUCIR, REUTILIZAR, RECILAR

E xa moi concienciados e concienciadas quixemos experimentar se seriamos nós mesmos quen de fabricar papel novo a partires do papel vello que imos tirando á caixa de papel da nosa aula (en lugar d etiralo ao contedor azul).  Foi toda unha experiencia e un achegamento ao proceso dende todos os nosos sentido pois chamounos moito a atención o Olor do papel mollado, a textura da masa que fabricamos e algún incluso se atreveu a probar!!!

Se algún día vos animades nas vosas casas ou aulas, o rpoceso é ben fácil e moi divertido. Aquí vos imos contando por partes:

1.Facer anaquiños co papel que xa non vale. Na nosa caixa do Papel Vello había moitos folios brancos debuxados ou escritos ademais de fotocopias que saen mal. E…. sen saber que ía pasar, botamos tamén algúns folios vermellos que xa non valían.

papel reciclado1

2.Engadirlles auga….con coidado de non empaparse jeje!

Papel reciclado 2

3.Mesturar ben e bater coa batedora (no noso caso unha tamaño….cociña de cole!!) Pouco a pouco os pedaciños foron desaparecendo para converterse nunha masiña suave e húmida e…..sorpresa!!! de cor rosa (menuda maxia)

Papel reciclado 4
4. Un a un fomos introducindo os bastidores (como coladores en forma de cadrado) na masa e deixando que escorrera ben a auga.
Papel reciclado 5

5. Despois na mesa poñelos enriba dun pano e con outro absorver a auga por encima…..dar a volta ao pano, levantar o bastidor e….Maxia de novo!!! o proxecto de papel queda pegado ao pano.
Papel reciclado6
6. Último paso e se cadra o máis sorprendente: levar o pano á fiestra, apretalo contra o cristal e con moito tento ir separándoo ao tempo que vemos como a”case folla de papel” queda pegada alí, no cristal, para que o sol a quente e así  seque pouco a pouco.  Despois de varios días….. o noso papel está seco e listo para despegalo e utilizalo!!!
papel reciclado 7
Xa vedes que ben o pasamos nesta Semana da ciencia  e canto aprendemos.Agora só queda que vos animedes a facer papel vós tamén e probedes con diferentes cores, tamaños ou formas…… Xa nos contaredes!!!!