Os alumnos e alumnas de 1ºESO estivemos aprendendo algo máis sobre os cogumelos.
O que nunca nos poderiamos ter imaxinado é que os cogumelos tamén se puidesen cultivar.
Nesta ocasión traballamos co micelio de Pleurotus ostreatus ou cogomelo de ostra.
O substrato que empregamos para o cultivo foi serrín deshidratado, fómolo hidratando lentamente, engadíndolle auga morna.
Desde que tiñamos todo o medio de cultivo listo, introducimos unha capa do mesmo nunha bolsa esterilizada e microperforada.
A continuación fomos inoculando o micelio do fungo formando unha pequena capa sobre o serrín introducido. Este proceso repetímolo unhas cinco veces ata rematar co micelio do fungo.
Selamos a bolsa e a esperar…
En mes e medio, o noso cultivo debería comezar a producir. Irémosvos informando!