Ola familias!!! Os nenos e nenas de 3ºEI e de 1º,2º e 3ºEP fixemos unha visita mooooi especial ao Parlamento de Galicia, sí, sí, como volo contamos! Saímos ben cediño do cole e con moitas gañas e ilusión porque íamos coñecer aos Bolechas, os nosos compañeiros dende infantil, cos que tantas divertidas e emocionantes aventuras vivimos.
Déronnos a benvida o Presidente do Parlamento, que nos contou un pouco o que iamos facer, e Os Bolechas! Ao chegar cada cole recibía un nome e sabedes cal nos tocou? Unha pista, é o nome dun dos Bolechas, é un neno e o seu nome comeza por B.. SÍ estabamos no Grupo Braulio! E con el iniciamos o percorrido polas diferentes salas do Parlamento.
Na primeira sala poidemos xogar cos Bolechas nos ordenadores e sacar, como non, fotos con Braulio.
A seguinte sala foi quizáis a que máis nos abraiou, o Salón de Plenos, e sabedes que se fai alí? As leis! E quenes fan as leis? Pois os deputados e deputadas, e foi nas súas cadeiras onde nos sentamos… e a que non adiviñades quen estaba alí sentado con nós? Carlos, quen moi amable sacou unha foto con todos e todas (mestras incluidas como non!).
Logo fomos a unha biblioteca moi acolledora na que vimos un video no que os Bolechas nos explicaban como funciona o Parlamento e ao final fixemos un exame mooooi difícil pero que pasamos, como imaxinades, con moi boa nota.
Estivemos tamén con Tatá e Chispa aos que lles demos uns mimos e logo fomos facer crebacabezas dos Bolechas, buscamos Lugo no mapa de Galicia, tamén Santiago e descubrimos outros pobos interesantes como Arzúa ou Melide!
Cunha bolsa chea de agasallos e o corazón cheo de ledicia partimos rumbo ao cole e aínda que pareza incrible todos e todas chegamos espertos!
Seguiremos contándovos máis cousas os vindeiros días… estade ben atentos e atentas!
Biquiños mil e boa finde!!!