Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Convenio Galén-Ensino

O venres 24 de xaneiro, no Centro Educativo Galén, visitounos o cadro de xogadoras do Durán Maquinaria Ensino ao completo, fixo unha visita aos alumnos e alumnas de Educación Primaria, onde houbo quenda de preguntas, anécdotas e firma de autógrafos. Máis tarde, levouse a cabo a sinatura  do convenio de colaboración entre as dúas entidades, o Centro Galén e o Ensino Lugo, e a presentación de todas as xogadoras e xogadores becados polo clube que estudan en Galén. Para esta rúbrica acudiron Raul Pérez, Director do centro e Ramón Alonso, directivo de Ensino Lugo, así coma todas as xogadoras do primeiro equipo xunto coas novas promesas do clube. Estas bolsas son un  apartado máis do devandito convenio e, que entra dentro do marco global de formación integral das mozas e mozos, que tanto o Ensino e o Centro Galén , teñen como idea de deporte de formación. Así como familias que apostaron por este proxecto deportivo e educativo dende distintas partes da península. Eva Pardo , Paula Hoyuelos , Natalia García, Alba Ruano, Elena Lijo, Laura Ibáñez,  Cristian Vidal  e Hugo Rei gozan desta oportunidade para seguir crecendo tanto deportiva como educativamente.