Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN

 Hoxe é 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia de xénero, e nós nos sumamos á iniciativa de En Negro Contra as Violencias para alzar a nosa voz contra esta lacra social. E o fixemos  baixo o lema de CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN, capturando a imaxe do noso alumnado de ESO e BAC diante dunha obra inspirada nu mural da artista urbana HYURO. que retratou nos muros de distintas cidades do mundo e especialmente en Valencia, ás  mulleres, ás veces sen rostro, loitadoras e fortes na adversidade, conformando un discurso reivindicativo, político e con perspectiva de xénero.

                                                     

Enlace ás fotografías: https://www.flickr.com/photos/centrogalen/albums/72157717037032351

Carme Lodos e Martina Babío, alumnas de 1º de BAC, foron as encargadas de escribir e facer lectura do manifesto. Grazas polo seu talento e compromiso.

CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN