Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Consellos para establecer unha rutina na casa

Na contexto actual, esta circunstancia de covid19 estanos alterando o día de todas as persoas, vivimos nunha incerteza, onde nos tivemos que adaptar dun día para outro, creando situacións de contexto ambiguo e sen un final exacto, non sabemos cando nos podemos incorporar ao traballo, ao cole,…, esta inestabilidade e incerteza seguro que vai ir incrementando problemas de comportamento e regulación emocional. Afecta de forma diferente a adultos e nenos.

Aos nenos aféctalles de forma especial, están nun proceso de desenvolvemento emocional e cognitivo para o que necesitan rutinas, hábitos e estabilidade emocional do entorno. Ademais de necesidade de contacto e relacións sociais e necesidade de exercicio físico.

As rutinas axúdannos a organizar o día e a darnos unha maior seguridade, constancia e regularidade ao mesmo que facilita a convivencia familiar.

Sendo necesario establecer un horario para conseguir ditas rutinas. Primeiro dicir que existen unhas rutinas fixas e outras variables. Estes horarios nos nenos e nenas máis pequenos deben ir sempre acompañadas de fotos representativas.

As rutinas fixas fan referencia a:

  • Establecer e manter os horarios para levantarse /durmir, entre semana e fin de semana
  • Establecer e manter os horarios das diferentes comidas

Sendo necesario establecer rutinas de autocoidado. Facendo un listado das tarefas que debo facer , por ex: levantarse, ducharse, vestirse, almorzar, lavar os dentes,…, e cumprilo. Resulta positivo establecerlles un tempo, especialmente aos máis pequenos, para axudarlles a xestionalo, podemos indicarllo no reloxo, estando visible en todo momento, tamén podemos poñerlles cancións que coñezan porque son conscientes de cando se acerca o final.

E establecer tamén rutinas de noite e descanso: un horario fixo de sono. Crear si procede unhas rutinas relaxantes (duchas, masaxes, contar un conto, ambiente de pouca luz e ruído,…). Limitar o uso de “pantallas” pola noite (evitar 2 horas antes de deitarse porque son activadores e a súa luz estimula o sistema nervioso central empeorando a conciliación do sono).

E as rutinas variables , ímolas dividir en 6 grandes bloques

Actividades de aprendizaxe e tarefas escolares

Para fomentar hábitos de estudo e traballo na casa.

Tras establecer o momento de realizar o traballo escolar no noso horario debemos intentar que o noso alumnado sexa o máis autónomo posible a través da planificación (que teño que facer?) e da execución (como o teño que facer?).

Os nenos e nenas máis pequenos seguramente van necesitar unha maior supervisión por parte do adulto, necesitan dunha persoa que lles axude, que os guíe pero sen darlle a resposta, o obxectivo é de forma progresiva dar máis peso ao alumno.

Sería moi interesante estudar cun reloxo (mellor de agullas para ir vendo o transcurso do tempo), estimar o tempo que nos vai levar a tarefa e marcala no reloxo, no caso dos nenos máis pequenos. Se fose necesario, establecer descansos de 5-10 minutos nos que implique movemento a ser posible (bailar, dar palmadas a un globo, “correr”.…)

Actividades de ocio

Facer un listado de cousas que lles gusta facer e telo nun lugar visible.

Ademais dos xogos de mesa, pintar/debuxar/recortar, xogos de cartas,… Estaría ben buscar actividades que requiran dun proceso para levalas a cabo (pensar, planificar, executar). Ex: cociñar, necesitas pensar que receita, revisar alimentos,..; manualidades con material reciclado (que quero facer, que material teño pola casa), etc.

E ocio- con “pantalla”. Para o que fariamos varias recomendacións:

  • Controlar o contido das aplicacións ás que está xogando
  • Asegurarnos de que deixa un tempo adecuado para o resto das actividades. Tanto para a actividade física, como para a relación social , como para o xogo práctico, como para o sono e descanso.
  • Establecer algunha regra: un horario de cando utilizalas, lugar de xogo, tipo de contido (que non sexa violento). Límite de tempo, sería apropiado poñer 2 alarmas para delimitar o tempo, unha 10 minutos antes para que se vaia facendo consciente do tempo que lle queda e outra cando remata o tempo establecido.

 

Actividades físicas

A actividade física reporta efectos fisiolóxicos, psicolóxicos e neurocognitivos beneficiosos. Permite liberar tensión , ansiedade,…, ten unha influencia positiva na cognición, mellora a nosa capacidade de atención e a nosa memoria.

Unha posible proposta:

  • Programar sesións de exercicio diaria pola mañá que impliquen unha secuencia ordenada de movementos como o baile, a danza, circuítos ou ximcanas,…, podemos facer xogos de coordinación e psicomotricidade.
  • Sesión de estiramentos/relaxacións diarios pola tarde. (Ioga para nenos, mindfulness, exercicios de respiración,…)

 

 

 

Actividades de contacto e relacións sociais

Necesitamos estar “conectados” e temos que cambiar e inventar novas formas de contacto social (veciños, videochamadas, whatsapp, chamadas, cartas,.., facer “quedadas” para disfrazarnos, para facer actividade física, para xogar,…)

Tamén deberiamos buscar momentos nos que poidamos falar con eles, escoitalos, compartir gustos, intereses,…

Actividades de axuda nas tarefas da casa.

Pedirlles a súa colaboración, fomentando a súa responsabilidade (recoller habitación, recoller xoguetes, facer a cama, poñer a mesa,…), ir propoñéndolles de forma gradual pequenas tarefas. Ademais de facerlles sentir ben ao ser capaces de axudarnos tamén incrementamos a súa autonomía e polo tanto a súa autoestima, sendo un reforzo moi positivo para seguir involucrándose noutras.

Así tendo en conta estes grandes bloques de actividades xunto coas rutinas fixas deberíamos elaborar un horario (acompañadas de fotos representativas, se son pequenos) e colocalo nun lugar visible.

Para crear esta rutina sempre ten que ser coa colaboración dos nenos e nenas para saber o que lles motiva e o que se espera deles. Facendo referencia tanto aos horarios dos hábitos de comidas e sono como ao planing das actividades diarias: tarefas de aprendizaxe, de ocio, de actividade física, de contacto con amigos, familiares, de axuda en tarefas da casa.

Establecendo normas e limites moi claros, consensuados con eles e pactando as consecuencias do seu non cumprimento.

Debendo ser revisable a semana vista por si debemos introducir algunha modificación.

E para terminar, ter grandes doses de paciencia e humor.