Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Comezamos as estadías de outono en Trevia

Hoxe, o alumnado de 3º EP estrea a tempada de estadías en Trevia.

 

Pero, que supón esta actividade para nós como escola?

 

As estadías de outono en Trevia son un punto de encontro cos iguais, no que as interaccións persoais e colectivas cobran gran importancia no desenvolvemento persoal dos nenos e nenas.

 

Son, tamén, a oportunidade de integrar a educación ambiental  na cultura e na vida da nosa escola e supón emprender unha viaxe colectiva que permita aumentar a conciencia e aprendizaxe dos nosos rapaces/as sobre o contorno que os arrodea, así como desenvolver hábitos sostibles como membros activos da sociedade.

 

Trevia é un lugar onde aprender, mediante novas formas de sentir, de pensar e de actuar posibilitando un achegamento científico á Natureza, aos valores naturais, culturais e etnográficos do noso contorno, favorecendo actitudes de respecto e aprecio cara ao medio no que vivimos.

 

Como todos os comezos de curso, estamos emocionados de poder vivir esta experiencia de novo. Compartiremos con vós eses momentos tan especias co afán de que dalgún xeito sexades capaces de gozar tanto como os vosos fillos e fillas.