Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

COMEDOR EN FAMILIA

O comedor escolar é un espazo educativo máis, e se nos acompaña a nosa familia, ademais convértese nun momento de lecer entrañable.

O significado que ten para as nenas e nenos é dobre, por unha banda son os protagonistas nese momento e amosan a ilusión de compartir aos seus seres queridos coas súas amizades. Por outra banda, exercen de anfitrións  compartindo coas súas familias un espazo e  un momento pracenteiro que forma parte do seu día a día.

O resto das nenas e nenos tamén o viven como un acontecemento gratificante.

Este mes estiveron compartindo mesa con todos nós as familias de: Héctor, Sabela L., Lúa, Sabela Y., Ío e Ariday.

Tamén queremos compartir con todos vós estes momentos. As súas caras o din todo!!

IMG_20190402_133106