Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

CHRISTMAS IS COMING!

Hello lovely families,

Esta semana é unha das máis especiais e intensas do ano académico. Veu cargada desa maxia  que inunda o ambiente e sobre todo no noso cole, ademais dun montón de actividades típicas de Nadal que tanto nos gustan e fan gozar. Fixemos dende decoracións navideñas, un xoguete feito con material de refugallo e mesmo un buzón no que meter as postais de nadal que elaboramos para os nosos compañeiros de Galén.

Se o considerades, aínda estades a tempo de traer alimentos, roupa e xoguetes en bo estado ata o luns.

Non vos esquezades de visitar a nosa web xa que aínda non rematamos as actividades e agárdannos moitas máis sorpresas…

See you next week… and in the meantime enjoy!