Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Christmas Card Exchange 2019

Ola familias,

agardando que esteades a pasar unhas moi boas festas, queremos compartir convosco o vídeo que resume o intercambio de postais que fixemos este ano os nenos e nenas da Galén Nursery School e de Primeiro e Segundo de Primaria.

Primeiro e segundo de Infantil intercambiaron postais con Francia, terceiro de Infantil e primeiro de Primaria con Grecia e segundo de Primaria con Rumanía.

As postais levaron a mensaxe Bo Nadal escrita en galego e en inglés có obxectivo principal de traballar a competencia comunicativa nunha das nosas linguas maternas, o galego, e na lingua estranxeira. Ademáis, todas as postais foron creadas reempregando materiais coma anacos restantes de cartoliña ou CDs que xa non funcionaban.

Os nenos e nenas de segundo de Primaria tamén escribiron a súa mensaxe na lingua materna do país que ía a recibir as postais: Rumanía. Esto foi posible grazas á colaboración de Ianys e Ianola, pois ao ser de Rumanía, axudáronnos a escribir a mensaxe e trouxeron un pedaciño do seu país de orixe ao cole amosándonos diferentes elementos da súa cultura coma o traxe tradicional ou a comida.

Agardamos que vos guste.

See you soon 🙂