Lancy Dodem, considerado o primeiro neno apadriñado da Fundación Vicente Ferrer e portavoz, impartiunos unha charla este luns día 11 ao alumnado de 6º de Educación Primaria, como colofón a unha colaboración deste grupo de nenos e nenas dende hai 5 anos.
En segundo de primaria empezamos a nosa andadura con esta Asociación, establecendo un proxecto de colaboración: o programa School to School, que consiste nun intercabio cultural e de tradicións con outro grupo de alumnos dunha escola rural da India. Os traballos e fotos que fomos intercambiando xunto coa información que fomos conseguindo permítenos constatar totalmente as realidades tan distintas nas que vivimos. Resultando ser unha aprendizaxe moi enriquecedora para todos nós.
Lancy Dodem, pretende a través das súas conferencias, charlas e outras actividades, sensibilizar en beneficio dos proxectos de cooperación que a Fundación desenvolve nas aldeas rurais do sur da India.