Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Caurel 2019

O alumnado de 1º BAC visitou un ano máis o Caurel, onde gozou deste fantástico entorno natural percorrendo a rota da Devesa. Despois dunha mañá cunha climatoloxía perfecta a tormenta de media tarde non estragou o día.
Rematamos cunha boa cea e a música tradicional se encargou de amenizar a noite. Logo dunha xornada ben ateigada de actividade tocou durmir para levantarse de novo co son das gaitas ó día seguinte.