Actividades e Saídas

/Actividades e Saídas

Estadía de 3º ESO en Manzaneda.

2 Outubro, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

O alumnado de 3o ESO de Galén  gozamos compartindo actividades de aventura na estación de Manzaneda. Construímos vivacs, mergullámonos na piscina, voamos na tirolina e  practicamente tocamos o ceo  no rocódromo, e aínda así, tivemos folgos suficientes para coñecernos mellor bailando na discoteca. Iniciamos un novo ano. https://youtu.be/d3RgxH6X930  

Estadía de Outono 3º EP 2018

28 Setembro, 2018|Actividades e Saídas|

  Xa rematou a estadía de outono na que compartimos un tempo delicioso en contacto coa natureza. Aprendemos de cogomelos e dos ecosistemas do bosque e fluvial. Foron tres días intensos nos que aprendemos e gozamos. Analizamos cogomelos de moitos tipos e observamos fascinados os debuxos que fan as súas esporas. Observamos o bosque e [...]

1º BAC no Courel

28 Setembro, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

O alumnado de 1º BAC gozou un ano máis da Rota da Devesa de Rogueira no Caurel. Un percorrido espectacular por unha das xoias ecolóxicas de Galicia. Unhas fabulosas vistas da Serra do Caurel, e os súas vilas, un bosque frondoso cheo de fontes de regatos e cunhas paisaxes con moito encanto que xa Uxío [...]

Estadía outono 5º EP

26 Setembro, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

Hoxe comezou a Estadía de Outono de 5º EP en Trevia. O alumnado, no seu primeiro día, vai vivir unha das experiencias máis interesante de todo o programa: A visita á Feira de Castro. Ao longo do día poderán coñecer a fondo o funcionamento dun mercado gandeiro e cultura asociada á compra-venda do gando da [...]

Comezamos as estadías de outono en Trevia

19 Setembro, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

Hoxe, o alumnado de 3º EP estrea a tempada de estadías en Trevia.   Pero, que supón esta actividade para nós como escola?   As estadías de outono en Trevia son un punto de encontro cos iguais, no que as interaccións persoais e colectivas cobran gran importancia no desenvolvemento persoal dos nenos e nenas.   [...]

Saída á Finca de Mateo

4 Xullo, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

Ola a todos e todas! A derradeira semana de cole estivo chega de sorpresas e de moitas actividades entretidas e xeniais: Carreira da Auga, Ximcana, castelo hinchable, xogos... pero houbo unha saída moi especial que nos serviu de despedida, para pechar ao grande este curso 2017-2018 e foi a visita á finca de Mateo. Chegamos [...]