Os nenos e nenas de 2º e 3º de Educación Primaria fomos de viaxe de estudos á Casa da Terra, en Antas de Ulla, alí pasamos 3 días inesquecibles para nós. Realizamos un montón de actividades e gozamos dun espazo marabilloso en plena natureza, onde o respecto pola contorna, a reflexión sobre valores, o traballo en equipo e a diversión foron os obxectivos que nos acompañaron estes tres días de excursión.
Fixemos moitos xogos colaborativos e en grupo, subimos en canoas – que difícil e divertido foi – conseguimos facer pompas de xabón xigantes, paseamos polos arredores e coñecemos espazos máxicos da zona, bailamos, fixemos ioga – que nos axudou a relaxarnos e a tomar consciencia do noso corpo – bañámonos no río Ulla, aprendemos a facer velas con cera de abella, tiro con arco… e un montón de actividades máis que fixeron que o pasáramos moi ben, que aprendéramos moito e que recordemos para sempre esta viaxe tan marabillosa.