Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Casa da Terra 2019

Un curso máis saímos de excursión!! Este ano fomos á Casa da Terra en Antas de Ulla. Alí gozamos da natureza, do gran Río Ulla e, por suposto, das súas xentes que tan ben nos acolleron.
Aprendemos a ir en canoa, a deslizarnos en tirolina, a tirar con arco e tamén a coñecernos un pouco mellor facendo Ioga.
Non faltaron xogos, risas, lumes de campamento e moitos contiños polas noites pero, quizais, o máis importante foi compartir tempo e espazos con compañeiras e compañeiros doutros cursos.
Cristel, David e Mar estiveron moi orgullosas/o de nós porque nos felicitaban moito polo ben que o faciamos.
Vimos cargadiñas/os de aventuras e cheiñas/os de gañas de contalas e compartilas.

WhatsApp Image 2019-05-29 at 11.40.33