Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

CANCELADAS AS ACTIVIDADES DE VERÁN

Por estas datas sempre faciamos pública a nosa oferta de actividades de verán: Urban English Camp, Summer Camp e a viaxe a Inglaterra.
En Galén entendemos estas actividades coma un tempo de ocio á vez que didáctico onde as aprendizaxes sociais xogan un papel moi importante.
Tras estudar as distintas posibilidades para realizalos con certa normalidade así como as medidas sanitarias e os protocolos Covid actuais, cremos que os nosos campamentos perderían a súa esencia e o seu aproveitamento a todos os niveis.
Por estes moitivos, decidimos, nunha decisión responsable, cancelalos e pospoñelos ata 2022, momento no que agardamos estar en condicións de garantir unha experiencia positiva e de calidade.