O alumnado de 4º e 5º de primaria pasamos tres días inesquecibles ampliando e mellorando as relacións entre os nenos e nenas dos diferentes grupos.
Estivemos observando, explorando e coñecendo un contorno novo, paseamos por Luanco, visitamos o Faro de Cabo de Peñas, recorremos o Museo Marítimo de Luarca, e no Museo da Minería e da Industria nos convertemos en auténticos mineiros.
Gozamos facendo o descenso do Sella, unha das actividades que máis nos gustou.
Deixámonos levar polas rúas máis entrañables de Oviedo e coñecemos o Parlamento dos asturianos.
Tampouco nos esquecemos dos ratos formidables que compartimos no Albergue.
Que ben o pasamos!!!!
Xa estamos pensando na seguinte…