Os breakout educativos son experiencias de aprendizaxe inmersivas e lúdicas onde o alumnado resolve certos retos conectados ao currículo para obter uns códigos secretos que abren unha caixa misteriosa. Interdependencia positiva, responsabilidade individual, interacción cara a cara, habilidades interpersoais, procesamento grupal e en definitiva, aspectos básicos da aprendizaxe cooperativa, se unen a aprendizaxe a través das ferramentas dixitais e a conexión curricular mediante o xogo.
No curso de 6º de EP na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual traballamos sobre a historia da animación e coñecido a un dos seus grandes mestres, Ray Harryhaussen, coñecido polas súas creacións de criaturas fantásticas e mitolóxicas. As estrañas criaturas de “ Jasón e os Argonautas”, ou da película visionada na aula, “Furia de Titáns” de 1970, son algunhas das súas maxistrais obras. O gusto e interese espertado no alumnado favoreceu desenvolver outros temas. O interese suscitado pola mitoloxía grega, os seus monstros, criaturas, deuses e heroes propicia o achegamento a determinadas obras de arte e aos seus artistas. Pezas escultóricas como “ Apolo e Dafne”, ou obras pictóricas como “Ariadna abandoada por Teseo” poden adquirir aos ollos do alumnado unha nova dimensión, e de súpeto, comprensible e fascinante.
A misión a desenvolver no breakout Cronos VS Jones consiste en conseguir unha clave que abra e desactive unha caixa misteriosa na que o malvado Cronos esconde unha chave que ten acceso ao TEMPO. Cronos quere apoderarse do TEMPO e así recuperar un poder que cre que desde unha época ancestral perténcelle. Escapou do seu cadro no Museo do Prado, “Saturno devorando a un fillo” , debe retornar a el e non pode recuperar a reliquia, para iso o noso heroe e compañeiro Tadeo Jones, solicitou a nosa axuda.
Xunt@ s superamos todas as probas, traballamos en equipo e colaboramos cos compañeir@s, achegando ao grupo o mellor de nós mesmos, nun clima de colaboración, confianza, respecto mutuo e intercambio de ideas. Ao finalizar a misión coñecimos mitos gregos a través de valiosas e coñecidas obras de arte, un pouco máis dos artistas que as realizaron, e un maior sentido da estética e apreciación da arte.
Ariadna, o labirinto do Minotauro, Narciso, Medusa, Apolo e Dafne…. ¡Xogando coa mitoloxía e o arte!