Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

BAC DUAL americano

Descarga aquí o noso díptico.

Descarga aquí a guía rápida de Galén.

Descarga aquí  a guía de Academica School

Un dos nosos principais obxectivos na formación do noso alumnado, en liña co que en ocasións nos suxiren as propias familias, é a súa proxección cara a estudos no estranxeiro e que adquiran os mellores niveis de competencia que os axuden a enfrontarse a un posterior mercado de traballo globalizado e sumamente competitivo. Desde Galén tratamos de ofrecer sempre un alto nivel de formación en idiomas; por iso temos un importante programa de estancias no estranxeiro e de intercambios internacionais en diferentes etapas.
Co fín de ampliar a nosa oferta educativa, e en consonancia co noso permanente compromiso innovador, iniciamos no curso 2018/19 a implantación do Bacharelato Diploma Dual.


O programa ofrece a oportunidade de obter dúas titulacións simultaneamente: o bacharelato español e o estadounidense. Así, o estudante cursa estudos en dous colexios ao mesmo tempo: no noso, de xeito presencial e no americano de forma virtual, é dicir, o programa combina o estudo do bacharelato español realizado no colexio co estudo on-line das materias necesarias para obter o título oficial de bacharelato americano.
O desenvolvemento desta iniciativa levarase a través do Programa DUAL ACADEMICA, programa de prestixio internacionalmente recoñecido e por Academica Corporation, entidade educativa asociada con máis de 140 colexios norteamericanos en Florida, Texas, Utah, California, Georgia, etc.
O Programa de Bacharelato DUAL vai dirixido principalmente a aqueles alumnos e alumnas que actualmente cursen 2º, 3º e 4º de ESO. O seu obxectivo é múltiple: preténdese mellorar as destrezas tecnolóxicas do noso alumnado, así como a súa capacidade de autonomía, planificación e xestión do tempo e, por suposto, consolidar a aprendizaxe do inglés. Supón, en definitiva, un gran enriquecemento académico para o alumno ou alumna. Ademais, a obtención do diploma dual facilitaralles o acceso a universidades, non só de EEUU, senón de todo o mundo.
Galén coordinará o correcto desenvolvemento do programa e supervisará a evolución de cada estudante; os alumnos, ademais do seu profesor americano, contarán cun profesor-titor de inglés no noso Centro para resolver dúbidas e avanzar no programa.

 

Aquí pódese ver o acto de presentación: