Deixámosvos un novo vídeo do noso método:
Este é o novidoso método que estamos a utilizar no Centro, deixámosvos un vídeo que recolle o proceso e que iremos completando.
Jolly Phonics é un divertido método para aprender a ler e escribir en inglés. Este método, empregado para a aprendizaxe da lectoescritura no Reino Unido desde os anos oitenta, contempla un total de 42 fonemas. Cada un dos fonemas parte dunha historia que axuda a recordar o movemento ao que vai ligado a letra. Estes movementos que representan a cada un dos fonemas, fan que se produza unha aprendizaxe multisensorial na aula, centrado no alumno ou alumna e altamente motivador.
Partindo da aprendizaxe dos sons das letras e diágrafos, e presentando os mesmos en grupos de seis (non alfabeticamente), chegamos ao que se denomina “blending”, que consiste na lectura e escritura da palabra completa desde cada un dos sons que a forman.
En canto á aprendizaxe da lectoescritura do inglés, Jolly Phonics favorece unha aprendizaxe significativa por parte do alumnado xa que este será capaz de ler calquera palabra unha vez que coñeza os 42 fonemas sen necesidade de memorizar de forma separada a forma oral e escrita dun vocábulo.