Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

As vacinas do Covid-19 e a empresa

Fronte á segunda onda de infeccións por COVID-19 a nivel mundial, as miradas, como era de esperar, estiveron postas na evolución das vacinas en proceso.

Os alumnos de Economía de 1º BAC, iniciaron un estudo do diferente éxito das farmacéuticas neste momento.

Dado que no mes de outubro destacou a vacina da farmacéutica AstraZeneca, que declarou que terá tres millóns de doses para a súa distribución a comezos do 2021 se as vacinas coas que están a experimentar acaban tendo éxito; un dos grupos tomouna  como obxectivo do seu traballo.

Por outra banda, ese mesmo mes as empresas Johnson & Johnson e Eli Lilly deron un paso atrás nas súas investigación; suspenderon as probas das súas vacinas despois de ter  varios problemas nos ensaios. Iso pareceunos que merecía a atención do outro grupo que o tomou como tema do seu traballo.

As exposicións foron moi  interesantes e didácticas. Concluímos co interese de seguir e ampliar o traballo invitando aos alumnos e alumnas  doutros itinerarios a enfocalo dende diferentes perspectivas.