Ola familias,
esta é a entrada que iremos actualizando ao longo de todo o curso para que vexades os diferentes proxectos que imos desenvolvendo na materia Arts and Crafts.
Hoxe queremos compartir con vós o vídeo que fixemos do noso proxecto sobre Jackson Pollock. Como ben sabedes, esta materia non trata só de técnicas artísticas ou emprego de cores xunto con outros materiais; senón que tamén traballamos vocabulario e estruturas en inglés partindo sempre dun autor ou autora e as súas obras.
Jackson Pollock (1912-1956) foi un artista estadounidense famoso polo movemento coñecido como Action Art, unha variante do Expresionismo Abstracto. A súa técnica máis coñecida é o dripping, que consiste en chorrear pintura sobre un canvás posicionado o mesmo sobre o chan ou as paredes. Ademáis desta técnica, tamén emprega outras coma o brush stroke ou brushing que consiste en pintar a brochazos e o pouring que é lanzar a pintura ao canvás dende os pincéis.
Hope you like it as much as we do!
See you soon 🙂