Dende o inicio de curso, xa celebramos algúns aniversarios. Cremos na importancia deste tipo de festexos, pois resultan moi significativos para os nenos e nenas. non só incrementa a súa autoestima e o feito de sentirse valorados e protagosnistas, senón que mellora a comunicación e reforza vínculos cos seus iguais, así como co resto de compañeiros e compañeiras doutros cursos.
É claramente un momento de vínculo emocional que axuda a fomentar un autoconcepto positivo de nós mesmos.