Celebrar o aniversario é moi importante. Cumplir un ano máis ten moito significado para calquera persoa, pero sen dúbida, moito máis para os nenos e nenas. Ser o protagonista e recibir os parabéns dos seus compañeiros e compañeiras e mestras axúdaos a medrar.
Este trimestre celebramos o aniversario de Iago, Lúa, Gael R., Carmela, Rubén, Cora e o de Héctor.
Con Iago saboreamos un delicioso biscoito. Lúa preparounos un biscoito de dúas cores con decoración de fideos. Con Gael disfrutamos do sabor da popular torta de galletas, chocolate e flan da avoa , que tanta fama ten. Carmela e Rubén sopraron as velas dun exquisito biscoito decorado con fideos de chocolate. E con Cora descubrimos como se pode facer unha torta de unicornio chea de maxia, ademais de sabor, claro! E por último, Héctor preparounos un “peixe” de chocolate delicioso.
Aquí vos deixamos unha proba do ben que o pasamos.