Ola familias,
como ben sabedes, xa comezamos os ambientes de aprendizaxe.
Na entrada de hoxe, queremos mostrarvos algunhas das actividades que levamos a cabo nun deles: o de lectoescritura en inglés. Neste ambiente, seguimos a método Jolly Phonics, que é o mesmo que se emprega nas escolas de Inglaterra para aprender a ler e escribir.
Cada son está asociado cunha grafía e un xesto, polo que a lectoescritura en inglés convírtese nunha actividade dinámica, divertida e motivante.
Queredes ver do que estamos a falar? Press play! 🙂