Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP asistimos á actividade de Almorzos Saudables. O comedor do cole converteuse nun teatro improvisado onde Carlos e a súa tía Enriqueta, acompañados por unhas doutoras, nos contaron que alimentos tiñamos que tomar para facer un bo almorzo.
E…. como non todo ía ser falar, tamén almorzamos cereais, froita, leite.. , e así ben alimentados xa puidemos saír ao patio a correr e saltar.