Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Alemania 2018

Os grupos de 2º e 3º de ESO participaron un ano máis da viaxe a
Schwarzwald, a Selva Negra alemá, entre os días 8 e 15 de maio de 2018.
Esta viaxe combina actividades culturais, actividades en contacto
directo coa natureza e ocio.
A semana comezou descubrindo a cidade de Friburgo coma a máis ecolóxica
e sostible do mundo, e facendo una busca do tesouro usando as novas
tecnoloxías polo seu casco histórico. Ao día seguinte, cruzaron a
fronteira para ver e tocar as caudalosas cataratas do Rhin en Suiza e
coñecer unha vila de postal coma Stein am Rhein. O terceiro día
visitaron Estrasburgo como capital Europea e Cidade Patrimonio da
Humanidade, podendo navegar polas súas canles, e descubrindo a súa
catedral e o barrio da Petit France. O ecuador da viaxe foi un día de
sendeirismo arredor do Lago Titisee e de baños nas piscinas
Badeparadies. Gozaron ademais dun día de aventura completando circuitos
arbóreos a máis de 12 metros de altura nos bosques de Titisee e baixando
en tirolinas. A semana rematou coñecendo os costumes e cultura da zona
no Museo Vogtsbauernhof e gozando das distintas actividades en
Steinwasen Park.
Esta viaxe foi unha boa ocasión para practicar tanto a lingua inglesa
como a alemá en situacións de comunicación real.
20180509_123351_HDR