Hello everyone!
Esta semana despedimos trimestre, e facémolo traballando a primavera.
Para iso, observamos os cambios no tempo e na nosa contorna: as cores, as flores, os animais… É apaixoante cando temos a oportunidade de ver e tocar por nós mesmos. De maneira que, cando estamos no bosque, analizamos cada cor, cada planta ou cada insecto que atopamos. Prestamos moita atención ás flores, que comezan a abrirse para encher todo de cores e, como non, abrimos moi ben as orellas para escoitar os sonidos que a primavera nos trae: os paxariños, as rás, o vento, etc.
Logo, plasmámolo na aula de diferentes maneiras: pintando con flores, escoitando “A Primavera” de Vivaldi, facendo un colorido mural ou debuxando animais e insectos propios desta época.
Sen máis, deixámosvos con algunhas imaxes destes días. Enjoy!
Agardamos que disfrutedes destes días de descanso e que recarguedes pilas!
Happy Easter!
Vémonos á volta! Bye!