Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

A Maxia do bosque

Os nenos e as nenas de 3º de Infantil  acordamos chamar á nosa aula A aula da Natureza a inicio de curso. Foi un acordo consensuado entre todos e todas pois nos gusta saír a observar a contorna, xogar no bosque, observar os seres vivos que nela habitan e temos moitas ganas de coñecer a natura un pouco máis.

Deste interés foron xurdindo diferentes proxectos relacionados coa natureza e agora mesmo estamos inmersos en “A Maxia do Bosque”, descubrindo que seres máxicos habitan nela (fadas, elfos, ninfas….) e aprendendo deles os usos que a natureza pode ter para axudarnos ao coidado da nosa saúde.

Trouxemos á aula material da biblioteca sobre os seres máxicos da natureza para recoñecelos segundo as súas características (tamaño, forma, se voan ou non, onde viven….) para se cadra poder descubrir a razón de que non se deixen ver nunca…. e descubrimos un montón de segredos que non podemos revelar.

Coa axuda da mamá de Hernán fixemos unhas lámpadas de fadas co fin de atraelas ata nós e alumearnos pola noite …e ademais  trouxo unha casiña que fixeron na casa eles dous para ver se así lle apetece a algunha virse a vivir un pouco máis preto de nós. Mirade que cousiñas bonitas fixemos

Sabemos que as fadas utilizan flores e plantas para facer pócimas máxicas coas que curar feridas, coidar a pel ou axudarnos a sobrelevar o catarro.  Así que nos decidimos a investigar que porpiedades teñen algunhas das plantas que puidemos atopar nos nosos paseos polo bosque próximo ao cole. Neses paseos exploradores atopamos plantas como a milenrama, o llantén, o dente de León ou o loureiro.

E quixemos recuperar toda esa sabiduría de hai centos de miles de anos, esa sabiduría que emana da terra, e propuxémonos experimentar nós tamén facendo   un bálsamo labial con Caléndula, un aceite para respirar mellor con eucalipto  e unha infusión de Milenrama para botar na bañeira e darnos un baño calmante para a pel. Ademais quixémolo compartir coas familias e compañeiros/as do cole  na Semana da Ciencia con este mural explicativo e a nosa mesiña coas nosas pócimas máxicas. Que sabia é a terra non si??

Podedes ver as fotos dos diferentes momentos do proxecto aqui