Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

A Chousa no Outono

Xa chegou o outono…siii!!!! e con el as cores, olores propios da época do ano e tamén os froitos cos que a natureza nos regala. E quixemos ir a gozala en primeira persoa claro!!

Grazas á colaboración da familia de Rebeca puidemos tocar, ulir, observar e gozar da horta e a natureza da Chousa da avoa de Rebeca. Xa veredes que ben o pasamos:

Saímos no bus do cole….con moita emoción   pois era a primeira vez  para moitos de nós que saiamos en bus de viaxe cos nosos amiguiños e amiguiñas.

Cando chegamos á Chousa estaban agardándonos Carlos, o papá de Rebeca, e as avoas Conchita e Pilar que xa levaban alí dende cediño preparando sorpresas para a nosa chegada…. veredes veredes…

O primeiro que atopamos foi un enorme tronco que quixemos abrazar e comprobar cantos de nós facían falla para rodealo….nin máis nin menos que 15!!
ÁRBORE

Fomos paseando, observando cada herbiña ou bechiño que atopabamos, recollendo castañas e flores que nos contaron se chaman “quitamerendas”……porque saen cando o outono comeza e xa non podemos sentarnos a merendar no chan porque está húmido.

APAÑANDO

E Pilar deleitoounos cun estupendo percorrido guiado pola súa horta e as árbores frutais que cada día coida con moito agarimo. Puidemos apañar algunha cenoria, pementiños, tomates cherri, frambuesas e coñecimos dous froitos que ata agora non viramos nunca: os fisalis e as feixoas….canto  aprendemos coas avoas verdade??
HORTA
horta 2

Despois  de tanta actividade e emocións as nosas barrigolas clamaban por algo de almorzo e…..aí estaban tamén as avoas que nos prepararon boliños de chourizo, xamón e queixo e unhas deliciosas magdalenas acompañadas de leite con chocolate…mmmmm que rico estaba todo.
ALMORZO

E xa despois de recuperadas as forzas….a xogar!!! que ben o pasamos. Grazas Carlos, Pili e Conchita por unha mañá tan especial. Biquiños!!!
XOGO
XOGO2