A Boca de Galén é un proxecto levado a cabo dende a área de galego e polos alumnos e alumnas de 6º de EP. Neste converteron as clases de galego nun espazo informativo sobre aquelas cousas e acontecementos que rodean á realidade do centro. Nun gran taboleiro que se pode atopar no corredor da planta baixa podemos ver de xeito actualizado noticias de toda índole e natureza organizadas en distintas seccións: festas, deportes, saídas proxectos,…
Foi unha labor xornalística na que a clase se converteu unha redacción e que os levou da investigación á información, permitindo unha achega ás distintas canles comunicativas tan presentes e importantes nas nosas e as súas vidas.