Boas tardes familias. Convidámosvos a unha charla informativa sobre Comunicación e linguaxe na infancia, na que abordaremos os principais retos na aprendizaxe das destrezas lingüísticas nos primeiros anos. A citada charla correrá a cargo de Ana Rodríguez Vázquez, Logopeda, e Ana Somoza Argibay, terapeuta ocupacional e directora de Aúpa Terapia Infantil, entidade na que ambas desenvolven o seu labor profesional. Se queredes participar, inscribídevos a través do teléfono: 982265205 ou no correo info@centrogalen.com .  Se vides acompañados dos vosos fillos e fillas estarán atendidos nun obradoiro manipulativo con persoal docente de Galén.