O mércores tivemos unha celebración moi especial para nós, O MAGOSTO!
O magosto é unha festa tradicional que permanece ao longo dos anos. É moi importante que os nenos e nenas coñezan as diferentes tradicións culturais que non só transmiten novos coñecementos e valores, senón que fortalecen a súa propia identidade, fomentan un sentimento de pertenza ao grupo, a escola e tamén a toda a comunidade que nos rodea.
Para que o magosto siga sendo unha festa a celebrar todos os anos, é imprescindible transmitir de xeración en xeración as cancións, bailes, rutinas… Queredes ver como o celebramos?