O venres 1 de xuño fomos ao Parlamento de Galicia participar dunha actividade de Aldeas Infantiles. Tivemos a sorte de representar á provincia de Lugo nun acto no que se reflexionaba sobre a confianza e no que levábamos tres compromisos que se votaban. Por certo, un dos nosos compromisos saiu votado! Despois de ser deputados por un día demos un gran paseo pola cidade onde gozamos dun picnic na Alameda. Logo, tivemos tempo para algún capricho pero, sobre todo, estivemos xuntos e xuntas aprendendo e pasándoo moi ben. Deixámosvos un pequeno video resumo deste fermoso día que tivemos.