O grupo de sexto de E.P participou nun pleno do parlamento de Galicia que contou coa participación de diferentes colexios de Galicia, xunto co Vicepresidente do mesmo e o presidente da ONG Aldeas Infantiles. Entre todos debateron sobre a importancia da soliedaridade especialmente nestes tempos de pandemia. Ademáis, propuxéronse varios compromisos que entre todos podíamos asumir para axudar as persoas e aos nenos que o están a pasar especialmente mal agora mesmo. No seguinte enlace podedes ver o acto e deixámosvos tamén un bonito poema escibiron a teor deste tema. Agardamos que vos emocione !
Bo día a todas e todos;
Somos o alumnado de sexto de primaria do colexio Galén de Lugo. Eu chámome Antía,
e como delegada da miña clase vou ler a reflexión e o traballo realizado polos meus
compañeiros e por min.
No meu colexio facemos varios actos solidarios, unha vez ao ano participamos na doazón
de xoguetes, roupa e comida. O alumnado de segundo da ESO é o promotor da iniciativa
e son os encargados de levar todo o recollido ás diferentes asociacións. Un labor
importante que asumen é o de axudar no banco de alimentos de Lugo a preparar as
bolsiñas que se entregan a cada unha das persoas que acoden ao banco. Outro proxecto
no que participamos é a carreira da auga, que consiste en dar varias voltas correndo ao
colexio de forma que por cada volta apórtase 1 euro a unha ONG (Unicef no noso caso)
Todo este tipo de actividades fainos sentir ben porque sabes que estás a poñer o teu
gran de area para cambiar o mundo. Pero facer algo soamente polo que ti sentes é
egoísta. O que realmente importa é que estás facendo felices a outras persoas. A
pobreza non é só carecer de cousas: tamén é non ter oportunidade de gozar do pouco
que un ten. Se os pais non están na casa porque teñen que traballar e deixar aos seus
fillos sós, a eses nenos tamén lles faltará cariño. É difícil sorrir cando as prioridades son
outras. Pequenos actos poden cambiar o mundo.
Gustaríanos compartir convosco un poema elaborado polo noso compañeiro Mateo a
teor deste tema;
Eu non vivo mal,
Nin nada menos
Meu pai, nai e irmá
Unha vida feliz temos
A humanidade
en séculos e séculos
Non todo fixo bo
E xa é hora de que cambiemos
James Watt inventou
a máquina de vapor,
algo bo pero
se a todos non chega é un erro.
O progreso e a tecnoloxía
Invádennos cada día,
Pero se non axudamos aos “sen teito”
Non será completa a alegríaNos cadros de Da Vinci
Pobres había,
Pero iso mesmo
pasa hoxe en día
Ignorantes nós,
De cores eles
Por aproveitarnos delas
Provocamos rancores
A forma de actuar
Reflexionar no que pasa
Fainos chorar
Pola xente sen casa
Pensar solidariamente
Non é só dar e regalar
Sinceramente é
Nos demais pensar
Non estamos cegos
Só que non vemos
Tanta sorte
que nos temos
1 Comprométome a ser máis conscientes das diferenzas que podo ter con outros
nenos menos favorecidos
2 Cando teña idade suficiente poderei colaborar nos programas que moitas asociacións
teñen , prestando parte do meu tempo a axudar aos demais
3 Este ano darei moitas voltas na carreira da agua para recaudar ó máximo para os
máis desfavorecidos