Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

6º E.P. Observando bacterias e facendo iogur.

Nos últimos días, os rapaces e rapazas de 6º EP estivemos a estudar o reino das bacterias. Entre outras cousas vimos que hai bacterias que causan enfermidades, outras que son necesarias para o noso organismo e hainas que se empregan para fabricar alimentos ou medicinas.

Observamos, entón, as bacterias que hai no iogur e aproveitamos para facer iogur natural na clase. Por certo que nos sorprendeu o seu agradable sabor.