O pasado martes o alumnado de 5º EP participou en “Equigal” dunha xornada de achegamento ó mundo do cabalo. Nunha parte da actividade unha veterinaria faloulles sobre as razas, usos, coidados… que precisan estes animais. Despois todos puideron montar a cabalo e gozar desta experiencia. Para algúns era a súa primeira vez. Seguro que non o esquecerán nunca.
No seguinte enlace podedes ver o progama do TVG no que participamos, minuto 35.25:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/vivir-aqui-pgm-492-g-stannos-os-cabalos-4127059